English English     CastellanoCastellano

¿Quén é Antón Mouzo?

Antón Mouzo Lavandeira é un artista nado en Vimianzo  (A Coruña) o 14 de Maio de 1957 e falecido ós 50 anos de idade en A Coruña.

Curriculum Extenso curriculum tal e como o deixou Antón antes de morrer antón mentras facía as botas de buxo
Hemeroteca Documento que estaba a elaborar Antón  e que completou o seu irmán Roberto con material, que Antón tiña recopilado nunha carpeta, e con Fotos de obra que ten relación cos artigos e textos recopilados autorretrato na portada da carpeta

Novas
  • Inauguración da exposición de pintura na sala da casa da cultura de Vimianzo que leva o nome de "sala Antón Mouzo, orgullosos do noso", nun emotivo acto con un auditorio repleto de veciños e amigos do artista. Grazas a todos pola vosa asistencia e que o disfrutedes.
cartel expo  vimi 2011Horarios
de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Sábados de 10:00 a 13:00
Do 9 de Setembro ao 16 de Decembro de 2011
Casa da Cultura (Vimianzo)

  • Asínase o convenio entre a familia de Antón Mouzo e o concello de Vimianzo. Gracias a este acordo os vimianceses poderán admirar tres cadros de Antón no despacho da Alcaldía.
  • Péchase a exposición antolóxica no auditorio de Galicia despois de recibir un gran número de visitantes. Grazas a todos os visitantes pola sua presenza e as felicitacións que nos fixestes chegar. Grazas especialmente a toda a xente do auditorio e á comisária María Pose polo agarimo con que fixeron o traballo 
  • O grupo RAVAR  lembra a Antón nomeando-o artista do mes de Marzo

  • Exposición Antón Mouzo (antolóxica) no auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
árbores invitación
Do 18 de febreiro ao 31 de maio de 2009  no  auditorio de Galicia 
( www.auditoriodegalicia.org ) 
Avda. Burgo das Nacións s/n. 
  • Siguen os traballos de inventario e o catálogo xeral da obra


  • Montaxe A Montaña disoluta no CGAC no marco da exposición "Ficcións Analóxicas o video na Galicia dos 80 (Xaneiro de 2008)




Contacta con nós

Se queres contactar con a familia de Antón, podes facelo a través do enderezo de correo electrónico jcml@mundo-r.com.

A medida que se poñan en marcha os grupos de traballo dos proxectos, facilitaremos novas formas de contacto.
Toda colaboración e axuda será ben recibida