1-7-2008 La voz de Galicia Edición Bergantiños
El Seminario de Estudos Comarcais pide que se reconozca a Antón Mouzo
E. E.
El próximo viernes se cumplirá un año del fallecimiento de Antón Mouzo Lavandeira. Su muerte temprana, a los 50 años de edad, truncó la vida y la carrera de un pintor prolífico y de creciente reconocimiento.
Ese reconocimiento a su trabajo lo encontró siempre lejos de casa. Empezó a exponer en 1976 y su obra se paseó por las salas de media España y también por exposiciones en Francia, Alemania y Portugal. Sus cuadros pasaron por las paredes de pubs, galerías y museos y, dentro de exposiciones colectivas, llegaron a Nueva York, Bogotá, Caracas, Santo Domingo y San Salvador, entre otros muchos lugares.
Su arte pudieron verlo expuesto también en la comarca los vecinos de Cabana -en 1998- y de Ponteceso -en 1997-. Hace ahora dos décadas recibió el primer premio del certamen de pintura de Fenosa que acogió el Concello de Carballo.
Obras suyas pueden verse en la Biblioteca Nacional y se encuentran entre los fondos del CGAC, del Museo de Bellas Artes de A Coruña y en las paredes el Concello de Carballo o de los colegios públicos de Zas, Muxía y Corme, por citar lugares cercanos. Sus creaciones dieron también el salto al séptimo arte a través de la película de Xavier Villaverde Finisterre (1998).
Pero esa cercanía nunca llegó a su casa, a su municipio. Autor de cuadros, dibujos, ilustraciones para un buen número de publicaciones y esculturas, su obra, alabada por importantes críticos y escritores, ha pasado desapercibida para sus vecinos vimianceses. «É imperdoable que a a obra de Antón Mouzo e a súa figura non sexa reivindicada polo Concello de Vimianzo», dice el presidente del Seminarios de Estudos Comarcais, Xosé María Lema. Dice Lema que la entidad está a disposición de la familia para sacar adelante las iniciativas que hagan falta: «Nunca se lle comprou unha obra en vida nin se lle organizou unha exposición, polo menos que teñan a decencia de facelo agora», dice el responsable del Seminario, que considera que su obra «é unha riqueza e un atractivo para Vimianzo».
Casa da cultura
Entre otras posibilidades, Lema apunta a habilitar un espacio expositivo en la casa da cultura e incluso a darle el nombre del artista al edificio, que aún no ha sido bautizado.
El hermano del pintor, Roberto Mouzo, se muestra bastante pesimista: «Eu aspiraría a unha especie de fundación, pero iso aquí e un sono», dice, y argumenta su falta de optimismo: «Coñezo o nivel cultural e de entusiasmo que existe por estas cousas. Se non se interesaron en vida, non o vexo agora», dice.
Roberto Mouzo lamenta que su hermano no dejara un local en Vimianzo que poder convertir en casa museo. Recuerda que su hermano tenía una «adición» a la pintura, y que no dejó de crear desde los siete años.
Por su parte, el alcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez, no da mucho pie a las esperanzas: «De momento non pensamos nada, pero iso é cousa do pleno», dice.
Xaneiro 2008
Montaxe A Montaña disoluta no CGAC no marco da exposición «Ficcións Analóxicas o video na Galicia dos 80
Febreiro 2009
Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
Exposición Antolóxica Antón Mouzo (18 Febreiro a 31 de Maio de 2009)
Camisaria: María Pose
19 Febrero 2009 Novas Vitenses
quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009
Primeira retrospectiva pictórica de Antón Mouzo no Auditorio
A exposición é unha homenaxe ao artista, falecido fai dous anos ·· A mostra recolle obras inéditas e fondos do seu estudo ·· Os debuxos, óleos, anotacións, ilustracións e videoinstalacións do autor estarán expostos até o 31 de maio.
Familiares e seguidores da obra de Antón Mouzo, falecido fai dous anos, reuníronse onte no Auditorio de Galicia para renderlle unha emotiva homenaxe a través dunha mostra antolóxica, que permanecerá exposta ao público até o próximo 31 de maio.
A exposición, inaugurada onte pola concelleira Socorro García, é a primeira retrospectiva en Galicia dun artista significativo que, segundo explicaron os seus organizadores, «desenvolve diferentes liñas de traballo a través, esencialmente, da pintura, e que toma como tema principal a representación da natureza para conformar un particular universo, que tivo en todo momento constantes referencias a Vimianzo, a vila na que naceu».
De formación autodidacta e gran coñecedor da historia da arte, a súa obra «reflicte unha fonda influencia da arte galega, desde o Románico aos renovadores, sen esquecer outras formulacións internacionais como Hockney ou Bacon, aos que admiraba».
A mostra, comisariada por María Pouse, recolle unha selección do seu traballo máis significativo, sorprendendo ao público cunha obra «na que se detecta o espírito dun creador inquedo que explora continuamente e que se expresa por medio de diferentes poéticas», entre as que destacan «o pop, ou neoexpresionismo, a figuración, a abstracción ou a fotografía, sen esquecer tampouco o uso das novas tecnoloxías».
O proxecto, produción propia do Auditorio e para o que a comisaria, María Pouse, contou coa estreita colaboración da familia e amigos que se involucraron de «xeito determinante no impulso desta iniciativa», inclúe obras inéditas procedentes no seu maior parte de arquivos do artista e dos fondos do seu estudo.
A selección permitirá ao público «coñecer e gozar de óleos, debuxos, anotacións, ilustracións, videoinstalacións e diversas series de pinturas, como as que o cineasta Xavier Villaverde utilizara no filme Fisterra».
13 Marzo 2009 Grupo Ravar
13-Marzo 2009 el Pais Galicia
OS GROUCHOS | LUCES COLUMNA
O Van Gogh da Costa da Morte
https://elpais.com/diario/2009/03/13/galicia/1236943106_850215.html
MANUEL RIVAS
13 MAR 2009
Chameino e levei a sorpresa de que respondía co móbil dende un cuarto de hospital na Coruña. Notei un atranco na fala, as palabras costa arriba, mais sempre coa súa determinación irónica, de andar as ceibas.
- E que fas ti aí, Antón?
- Non sei. Disque estou para morrer.
- Os artistas non sabedes cómo chamar a atención.
Riu. El tiña moita estima da súa obra, sabía o seu valor, mais nada de vaidade. Non rogaba, non pregoaba, non se queixaba. Neste país dun paso adiante e outro atrás, que vira como nora absurda no baleiro, tivo moi poucas ocasións de mostrar a súa obra. Mais el tiña a paciente resistencia da uz, do lique, do carrizo das dunas.
Aos poucos días xa non podía falar. Contáronme que a emulsión do humor sobreviviu nos seus ollos de ave noitébrega até que os pechou. A causa científica da morte foi o chamado linfoma de Burkitt.
Non é conto que Antón Mouzo fixo falar as pedras. Hai obras súas feitas con area e mica.
- A que é un bo título para un cadro?- dixera Antón.
Apañar almas. O mellor lugar para estar estes días en Galicia é unha paisaxe interior. Talvez a mostra máis importante, máis punzante, da arte galega deste ano. O hábitat son cuartos de catacumba da sala de exposicións Auditorio, no campus de Compostela. Antón Mouzo Lavandeira aínda era novo, nesa metade do camiño da vida, cando faleceu en xullo do 2007. Da estirpe da Xeración Doente, coa «melancolía activa» dun Van Gogh da Costa da Morte, tivo tempo a deixarnos a súa parte de marabilla. Unha natureza viva. A sensación de que o corpo da Terra atopou en Antón Mouzo un mediador para acadar novas formas. De que a materia, nas súas mans, acadou novas especies. Máscaras, re-existencias. Non é conto que Mouzo fixo falar as pedras. Hai obras súas, obras mestras, feitas con areas e mica que apañaba polos penedos de Traba e Pasarela. Recollía pigmentos, sombras, simetrías que levaba consigo. Gardaba nos petos o misterio de Gaia. Loitaba contra a velocidade falsaria que espolia o tempo. Tiña, si, o biorritmo da terra: outras inmorredoiras obras son follas de carballo e de magnolio que antes existiron como latas de aluminio. A súa foi unha ollada revolucionaria. Detectaba a alma das cousas e facíaa transmigrar aos lenzos.
O naufraxio da arte. Estouno a ver aquel día de inverno despois do dioivo universal. O río Pequeno, o río de Vimianzo, que en Pasarela enxerta co río Grande, rebelouse contra a toponimia e a imprevisión da enxeñería que descoñece a memoria da auga. O río Pequeno rebordou canles e ribazos e volveu a brañas e ás xunqueiras e aos espazos saudosistas das lagoas desecadas. O val de Soneira era aquel día un mar. Estouno a ver, a Antón Mouzo. A chea alagara tamén o baixo da casa da irmá, que usaba como estudio. Loitaba contra o naufraxio da arte, non só como metáfora senón na cruel realidade. Salvaba os cadros do afundimento. E logo secounos, agarimounos, foinos curando un a un. Os enchoupados, os feridos, os fanados. Así fixo aquel día, aquela noite, e o tempo que fixo falta. O curador somnámbulo. Aqueles ollos de moucho que tiña, a espertar as cores nas tebras. O seu estudio era un hospital de campaña. Tiña unhas mans pequenas, lizgairas e sinceras, de enfermeira de prematuros. Mais, en realidade, sempre actuou así. El era moi solidario coa súa obra. Falaba dos seus cadros, das esculturas, dos proxectos, como compañeiros. El facíaos e facíase con eles. Nunca coñecín un artista que estivese tan preocupado pola súa obra. Pola súa crianza. Pola súa saúde. Pola súa felicidade. El quería que os seus cadros fosen felices. Por iso, o primeiro que restaurou despois do naufraxio foron as cordas dos violíns na súa serie inconclusa de naturezas vivas, onde había tamén bidueiros, cabalos, garzas, postes telefónicos, máquinas de coser e aquel par de botas que levaba o pai cando ía por monte de lobos reparar o repetidor da televisión.
O valenthuomo. Un artista pode ser, mesmo é convencional que o sexa, bohemio, iconoclasta, noctámbulo, egocéntrico, despistado, arroutado, maniático, ciclotímico, namoradeiro, espectral, ocorrente, luminoso, escuro, irado, nubeiro, sutil, bárbaro… Nada diso, en principio, abanea o mundo. Mais, quen pode entender un mozo que é quen de deixar un traballo fixo nunha oficina bancaria? Caravaggio reclamaba para o pintor a condición de «valente». Antón ergueuse da cadeira da sucursal para non voltar. Botouno a andar polas inmensas gándaras ao xeito dos «feros corvos» do Xallas, do capitán Nemo, do vagabundo de Charlot, do roxo Vicent Van Gogh. Era de poucas falas, aforraba xuramentos, aínda que ría moito coa tradición blasfema popular, e anotaba regueifas e aquelas maldicións nas que atopaba unha vontade de estilo, como aquel académico que un día soltou na barra do Vía Rápida: «Escaravello os dentes co pau da Santa Crus!». Mais a conversa do Antón era irónica e cromática. Chea de pausas, como o teatro de Harold Pinter. O seu andar era o do silandeiro ser rebelde, que dá o paso que hai que dar. Nada de barullar. Capeaba o temporal como os mariñeiros. Cando non había vento, remaba. Lembro que un día, en tempos de Esquerda Galega, organizamos un mitin ao que soamente acudiu unha persoa. E Antón dixo con optimismo irónico: «Que éxito! Unha persoa é un mundo». Velaí, para a memoria da Costa da Morte, un verdadeiro artista, un verdadeiro valenthuomo!
Outra Saudade. En todo o que facía había un pouso de saudade. Dende logo na vaixela do chineiro da nai, na Estantería do bazar, unha das grandes obras da pintura galega de todos os tempos, como son Flores (ese cadro pintado durante anos polas mans misteriosas de Gaia) ou a escultura As botas do pai. Mais a saudade de Antón Mouzo é unha saudade desposuída de tristura. Ten ánima. Semella responder a un chamado cósmico que parafrasea o esencial berro mariñeiro: «Ten de ti!».
Levedar a realidade. Amaba as cores, mais sobre todo as cousas que portaba a cor. Era un maxín namorado da materia e dos soños por ela xerados. Era un artista de todas as vangardas: coleóptero, volcánico, cefalópodo, anátido, plutónico, equinodermo, astrográfico, subacuático, obsidiánico, anfibio, térmico, ginkgófito… A súa ollada era fértil, criadora. Lembro que das andadas con el volvías coa cabeza chea de descubertas. Cores, formas, paisaxes que antes non existían. Porque Antón Mouzo pintaba tamén fóra do cadro, facía levedar a realidade que permanecera ensumida.
Enxamear a marabilla. El mesmo deixou un universo que, en gran parte, aínda está por descubrir. O tempo foi inxusto con el. Tivo que soportar a indiferenza cando non a mesquindade dos poderes túzaros que abren e pechan portas. Mais o importante é este agasallo que nos deixou: a marabilla que enxameou fronte ao abismo, na man sincera e na ollada fértil do mozo de Soneira.
- Este artículo apareció en la edición impresa del 13 de marzo de 2009.
Septiembre 2011
Sala de Exposicións Antón Mouzo (casa da cultura, Vimianzo)
4 Septiembre 2011 La Voz de Galicia Edición Carballo