Hemeroteca

1986 (do 10 ao 24 de Xuño)

Exposición individual na Galería de Arte “Abel Lepina”, de Vigo.

Texto do díptico da exposición:

MÁQUINA, FIGURA, NATUREZA

“…No ano 83 encomencei unha serie de cartóns nos que actuaba moi intuitivamente e rápidamente. Empezaron a aparecer e tomar protagonismo máquinas, obxectos mecánicos, rodamentos, aspas, hélices, móviles, arados, artefactos que sempre implicaban unha manipulación humana, pero artefactos. Hai algo dramático nas máquinas, algo que se deriva da súa derivación humana… porque ao cabo de pouco tempo a esas máquinas encomenzaban a engadírselles homes, figuras, e pouco despois unha vocación de paisaxe, como si o final desa cadea fose a natureza, unha natureza vista como indistinta da máquina e do home, ou viceversa. Por exemplo, flores de aspecto mecánico… Nesa continuidade dos estremos, coma si se eliminasen as barreiras que separan as cousas, está a emoción. E quizais o que dicía antes: nun momento ves como hai unha percepción de coñecemento que te induce a expresar. E que a expresión está ao servicio de algo, se se quere un drama suave, como se pouco a pouco un se fora facendo consciente de que o dramático non é algo moi distinto do plácido, e entón a expresión convértese nese drama e é cando un sinte que de verdade está facendo arte. Non é algo só psicolóxico… Máis ben, non creo en absoluto que sexa psicolóxico. Non sei se me estou explicando… Non é un sentimento exclusivamente persoal. Adquire un valor obxectivo, xeral… Aí é onde un atopa a súa realización artística, neses momentos, nos momentos en que descobres que hai unha asociación oculta entre a máquina, figura e natureza…“.

MARCOS

“… é outra vez unha contradicción, que vexo coma un motor para a miña expresión futura.¡Quen non ten contradiccións de onde pode extraer forza de creación¡. Por unha banda quero dotar ao cadro de todo o valor que ten para min como obxecto en si mesmo. Un cadro é algo distinto a outro cadro, aínda que sexa dun mesmo autor. Dotar de suficiente autonomía ao cadro é vital.

E algo invita a que esa autonomía se consiga cunha delimitación clara do que o cadro é. E dicir, poñerlle un marco. Pero, ao mesmo tempo, hai como unha insatisfacción polo limitado que é crear, só sobre unha superficie limitada. E entón o marco xa non é, sen deixar de selo, un límite, senón un intento de prolongación. Cando se quere dotar ao cadro dun valor obxectual, xorde inevitable o desexo por utilizar outros tipos de obxectos como manifestación da creación. Agora ben, se un non pode utilizar obxectos hai a necesidade de valorar o espacio no que se moven ou se manteñen quedos. Expresarse no mundo, no espacio do mundo. En fin, unha contradicción que, polo momento, é MARCO…“.

HETERONIMIA

“…gustaríame ser moitos pintores, ser moitos homes, porque non está moi claro que só sexa un. Claro que dicir esto despois de Pessoa non ten excesivo creto. Eu case diría que despois do que Pesoa dixo xa non hai nada que teña demasiado creto, agás o arte en si mesmo, o arte que quizais estea no que se fai cando non se prevé falar sobre elo… Non sei”.

PERPLEXIDADE

“…se se segue a pintar e se, o que aínda é máis ademirable, se segue vendo pintura, é que o mundo segue sendo algo tan misterioso que a perplexidade segue a ser o único sentimento lóxico fronte a él…“.

SELECCIÓN ARBITRARIA DE CONVERSACIÓNS CON ANTÓN MOUZO (José Manuel Villanueva)


1986 (Agosto)

«Las Fuerzas Atroces del Noroeste

U.I.M.P. (Universidad Internacional Menéndez Pelayo). Palacio de La Magdalena, Santander.

Exposición colectiva