1992 (30 Xaneiro)
La Voz de Galicia (Cultura)
Por Manuel Rivas
Antón Mouzo: A tranquila desolación
Unha das primeiras noticias certas que tiven de Antón Mouzo foi no curso dunha inundación.
As augas do río Pequeno desbordaban polo val de Soneira, agallopaban fóra do curso natural dos ameneiros, asolagaban os campos do maínzo, anegaban os centeos e agatuñaban por valados e pontes, improvisaban fervenzas polas pradarías en aba,e, finalmente, brincaban dos foxos ás estradas con esa atolondrada inocencia que ten a natureza cando intimida aos humanos. A máquina na que eu viaxaba tivo dificultades para remontar as augas e chegar a destino. Logo soupen que a esas horas, nun soto ribeirán de Vimianzo, o pintor Antón Mouzo loitaba por rescatar os seus lenzos do vómito da treboada.
Fóronse as augas camiño do mar da Costa da Morte pero quedou impresa, trascendida en metáfora, a escea do creador facendo fronte ao naufraxio da obra e contemplando logo o pouso do tempo inclemente sobre os lenzos.
O milagro das obras pictóricas, cando se acada, ten moito que ver coa fixación dun intre, coa revelación, coa textura das sensacións que non queren esvaírse na nada. Esas obras atinxen a categoría do extraordinario cando falan de por si e tamén de todo aquilo que non se nos mostra, cando, mesmo ao nacer, teñen o musgue do tempo, a pegada dos restos que emergullen do naufraxio. Un sinte con plenitude esta presencia na obra última de Antón Mouzo. Os que valorábamos o seu dominio técnico, asistimos agora engaiolados á descuberta dun camiño intransitado, á descuberta dun latexo activador de suxerencias. O oficio libérase de retóricas, de modismos, e abre sucos artesáns nunha superficie feita con tiras de pel e historia efímera. Pousa a neve nunha paisaxe desolada de papel prensa. Sobre as vísceras dese mundo que dura un día, deita e encarna Mouzo o que é máis propio do ser humano, chamémoslle alma ou nostalxia.

E é así que os obxectos fálannos de si mesmos, da súa apariencia, e tamén de todo o que non está, de todo o que invocan, de tempos e mundos que nunca se contarán en papel prensa. A sobriedade destas obras é tamén aparente, coma a luz dun espello. Así como tralo carbón está o lume e tralo lume a árbore e trala árbore a semente e a terra, tamén tralo trazo da silueta, das figuras, dos obxectos e da paisaxe insinuada, é posible reconstruir a perplexidade da mirada humana.
A semellanza dun deus, o artista ten o envexable poder de crear mundos. O de Antón Mouzo é o dunha tranquila desolación. Na voráxine das modas, tan persoal aposta adequire a dimensión dunha contrarretórica, dunha saudable e inquedante pescuda.
Lonxe de catálogos e de efímeras idolatrías, caladamente, coma un solitario artesán con mente renacentista, traballando as tatuaxes da memoria coas sutilezas do carbón vexetal, explorando melancolías activas nas longas soedades do reloxio de area da Costa da Morte… Ese que reina nese mundo é Antón Mouzo.
1992 (21 Febreiro-5 Abril)
Exposición seleccionados “VI Premio de Escultura PABLO GARGALLO”.
Palacio de la Aljafería, Zaragoza.
1992 (Verán)
Colectiva “60 IMAXES DUNHA COLECCIÓN”.
Consellería de Cultura e Deporte, Xunta de Galicia.
San Martín Pinario, Santiago de Compostela. Casa de Galicia, Madrid.
1992 (Verán)
Luzes de Galiza nº19-20
Oito ilustracións de Antón Mouzo para: “Paisaxes naturais e paisaxes culturais”, de Roxelio Pérez Moreira / “O’Xestal” e “O home a quen o mar chamou á porta da súa casa”, de Manuel O’ Rivas / “Poetas da Costa da Morte”.
1992 (19 Xuño-11 Xullo)
“Melancolía activa”. Exposición individual na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.
20-6-1992
El Correo Gallego
Würzburg, Berlín, Postdam e Galicia, na obra última de Antón Mouzo Lavandeira
A galería Sargadelos de Santiago abriu onte as súas portas á obra do artista galego Antón Mouzo, que nesta ocasión ofrece unha serie de traballos elaborados sobre soporte de anacos de papel prensa, carbón vexetal e outros materiais. “A serie arrinca da miña estancia nas cidades de Würzburg, Berlín e Postdam –subliña Mouzo- con referencias temáticas alusivas á súa paisaxe e mesturándose con imaxes evocadoras do meu mundo orixinal, a Costa da Morte, ata o punto de crear unha paisaxe íntima, onde pinto coa luz e debuxo coa sombra” (…).